14 mayo, 2024
O Concello de Mos informa de que quen teña intención de realizar unha fogueira a noite de San Xoan e/ou San Pedro deberá solicitar autorización por declaración responsable no Rexistro Xeral do Concello, ou ben pola Sede Electrónica.
No caso das asociacións deberán facelo por este último medio, tendo o prazo para facelo desde o luns 27 de maio ata o venres 14 de xuño, especificando nome, dirección, teléfono e DNI dos responsables, seguro de responsabilidade civil cunha cobertura por importe de 300.000 € e un plano de situación coa indicación do lugar no que se vai a realizar o lume. Establécense unha serie de normas e obrigacións a cumprir polos organizadores das devanditas fogueiras.
Alerta