Onte comezou a acometida dos traballos de cambio a lámpadas led en 175 luminarias de alumeado público do municipio que se está a realizar tras a sinatura do Convenio do Concello de Mos
coa Deputación de Pontevedra a tal fin. Esta mañá visitaron as obras o tenente alcalde e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e o edil responsable de Alumeado Público e Eficiencia Enerxética, Evaristo Ucha.
O devandito convenio ten como finalidade a renovación das instalacións de alumeado exterior non concello de Mos, comezando onte as obras de substitución de 175 luminarias e 4 CCM ́s nos viais de Campo Eiró (PO331 e viais adxacentes), San Mamede de Petelos, Cercedelo e Peinador.
Para a financiación desta optimización da eficiencia enerxética no Concello de Mos a administración local mosense obtivo axuda do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía). En total invístense nos traballos 95.600,92 €, dos cales o IDAE (80% FEDER) aporta 76.480,73 €, o Concello 9.560,10 € e a Deputación outros 9.560,10 €.
As 175 novas luminarias que se están a instalar distribúense en 4 zonas diferentes: Campo de Eiró 41 puntos de luz. San Mamede de Petelos 78 puntos de luz. Cerdedelo 27 puntos de luz. E
Peinador 29 puntos de luz.
Ademais o Concello de Mos atópase inmerso no proceso de transición ao 100% de tecnoloxía led no alumeado público polo que, ademáis da renovación actual destas 175 luminarias, a
administración local mosense realiza un exhaustivo inventario que xa está contratado e tras o cal mellorarase a totalidade do seu alumeado público instalando tecnoloxía led en todas as luminarias que aínda non a teñan. Este cambio a led permitirá ao Concello cubrir o custe enerxético co aforro que suporá a devandita renovación.
O Concello de Mos adxudicou a pasada primavera a contratación dunha asistencia técnica para consultoría enerxética a unha empresa que realiza un inventario de todas as luminarias do
municipio para detectar cales teñen xa sistema led e cales non para, a continuación, facer o cambio a led na súa totalidade, co obxectivo de lograr un importante aforro enerxético.
En Mos existen unhas 6.000 luminarias de alumeado público e, co fin de implementar a eficiencia enerxética municipal, preténdese sacar a concurso a adxudicación da obra de cambio a tecnoloxía led das que aínda non o teñen e tamén de aportar o subministro eléctrico.
Subministro que, a partir da renovación total das luminarias, abonarase co aforro que supoña a devandita renovación; condición que incluirá xa o contrato que, no seu momento, se asine coa empresa concesionaria.
O primeiro paso deste procedemento é a realización do inventario que xa está contratado, para a continuación iniciar a contratación da obra e o servizo. A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, estima que o procedemento poida estar rematado de cara a finais do presente ano 2023 ou comezos de 2024, tendo en conta que, desde que se adxudica o contrato, a empresa adxudicataria dispón dun prazo de 6 meses para cambiar todas as luminarias que non o sexan a sistema led. Encárgase do inventario a empresa Consultoría de Calidade Selecta (CCG), para logo implantar o modelo de xestión da iluminación pública un proxecto de mellora da eficiencia enerxética, mellora da iluminación, un plan director da rede de iluminación pública e levar acabo dita implantación.