A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e representantes de EVD Galicia, do centro da Porteliña en Petelos, presentaron esta mañá no Concello, con motivo do Día Mundial contra a Obesidade que hoxe se conmemora, o novo programa denominado RUTAS SAUDABLES.
Trátase dun proxecto que xurdiu a raíz dunha Mesa da Saúde organizada polo Concello de Mos e en base á demanda da poboación da contorna, da organización de andainas grupais.
Neste senso as representantes das Escravas da Virxe Dolorosa declararon que “en EVD cremos que esta demanda é unha oportunidade para aportar valor á comunidade, liderando esta actividade en colaboración co Concello, ao tempo que favorecemos a socialización e a inclusión”.
Neste Día Mundial contra a Obesidade Arévalo, rexedora local, e a concelleira Sara Cebreiro lembraron que “a Organización Mundial da Salude (OMS) recomenda á poboación adulta practicar exercizo físico, como camiñar. Ademáis, as principais institucións da saúde, recomendan á población adulta o hábito de camiñar polo menos 30 minutos diarios, preferiblemente tódolos días da semana.
Hoxe en día hai investigacións que afirman que as persoas que seguen este hábito acadan previr e/ou controlar enfermidades (diabetes, cardiovasculares, ansiedade, osteoporosis, etc), mellorar o benestar emocional (ansiedade, estrés, mellora do sono…), controlar o peso, manterse áxil tanto física como mentalmente e umentar as relacións sociais”.
Durante a presentación das novas RUTAS SAUDABLES mosenses, as presentes na mesma destacaron que “desde EVD Galicia en colaboración co Concello de Mos queremos xerar sinerxias que axuden a promover unha vida sá, promovendo rutas que resulten seguras e atractivas á veciñanza. Para comezar este proxecto e co obxetivo de que a ciudadanía se sume, comenzarase por organizar as rutas un día ao mes, coincidindo co día da saúde máis relevante de dito mes”.
Os obxectivos destas rutas seguras e saudables son crear o hábito de camiñar na poboación adulta, como hábito que axuda a ter unha vida sá, fomentar a socialización das persoas, crear redes comunitarias inclusivas que axuden a que o hábito de camiñar se comparta en máis ocasións; e estimular a participación e coordinación dos diferentes axentes que poden estar implicados na promoción da salude e promoción da actividade física para a salud (enfermeiras, monitor@s de actividades físicas, de piscina…).
As saídas das rutas serán dende a Piscina Municipal no Pavillón Óscar Pereiro, por ser un punto onde xa existe unha rede de persoas adultas sensibilizadas có coidado da súa saúde e que realizan en horario de mañá actividades deportivas en ditas instalacións de natación e ximnasia de mantemento. Antes da saída da ruta levarase a cabo unha pequena charla sobre o día da saude o que se fai referencia. Ao inicio da ruta farase un previo quecemento e o finalizar a ruta, unha sesión de estiramentos (guiados ambos por un monitor/a de EVD ou das instalación municipais).