Mos recibe por fin o convenio coa Deputación para o mantemento dos semáforos das estradas provinciais, ao tempo que reclama a urxencia de limpeza viaria nestas estradas

Compartir
Concello de Mos

Desde Peinador ata o Santiaguiño a maleza invade por completo as beirarrúas, facéndoas intransitables para os peóns, e xerando unha preocupante situación de inseguridade viaria tanto para conductores como para viandantes.

 

A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o Tenente Alcalde e Concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informan de que ven de chegar ao Concello convenio que regula o mantemento dos semáforos nas estradas provinciais que pasan polo municipio. Convenio que, desde a administración local Mosense, víñase pedindo desde fai meses que se axilizase a súa formalización e remisión ao Concello por parte da Deputación de Pontevedra. Os representantes municipais Arévalo e Augusto celebraron polo tanto a recepción do documento pero lamentan que sexa a base de presión a única forma de que ao final se fagan as cousas.

Neste sentido, Camilo Augusto e a Concelleira da parroquia de Guizán, Julia Loureiro, parroquia por onde pasa un dos principais viais provinciais que atravesan o municipio, a estrada EP-2602, denuncian o “lamentable estado de abandono no que a limpeza viaria se refire das vías provinciais ao seu paso por Mos en xeral e desta estrada en particular”. “E é que desde Peinador ata o Santiaguiño a maleza invade por completo as beirarrúas, facéndoas intransitables para os peóns”, lamentan os Edís.

 

Concello de Mos

 

Deste xeito o Tenente Alcalde salienta que “é intolerable o constante abandono dos viais provinciais ao seu paso por Mos, que xera unha preocupante situación de inseguridade viaria tanto para conductores como para viandantes; exemplo do abandono é a espera para a reparación dos semáforos, e a demora dun ano na formalización do convenio a tal fin, así como o insuficiente ou inexistente labor de desbroce para manter unha óptima limpeza viaria, que nos fai ter que recorrer constantemente desde o Concello de Mos aos nosos medios e persoal propios, para levar a cabo as devanditas tarefas”.

“As estradas provinciais en Mos son viais con moito fluxo de tráfico e conectan importantes núcleos de poboación tales como Puxeiros, Peinador, San Mamede de Torroso, Santa Eulalia de Mos, etc. polo que é intolerable esta constante deixadez por parte da Administración Provincial”, insisten Augusto e Loureiro.

 

Concello de Mos

 

Así mesmo o Tenente Alcalde e Concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, lamenta que “a deputada provincial, veciña da parroquia de Torroso, por onde transcorre tamén unha das principais estradas da Deputación ao seu paso por Mos, non só non se asegure de que a administración á que representa cumpre coas súas obrigas, senón que desde que ela é deputada a deixadez é maior; e ela, en lugar de defender os intereses dos seus veciños, dedícase a arremeter contra o Concello eludindo responsabilidades”. É por elo que a insta a poñerse do lado da veciñanza e a traballar para urxir á Deputación de Pontevedra a que proceda a manter en óptimas condicións os viais da súa titularidade e competencia ao seu paso por Mos.

 

 

Convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello de Mos para a posta a punto e mantemento dos semáforos situados en zona urbana das estradas
 EP 2602, 2601 e 2603:

Fai meses que se mantivo unha reunión a este respecto con representantes da Deputación que recoñeceron a competencia e responsabilidade da administración provincial sobre estes semáforos e comprometéronse a arranxar os averiados que non funcionaban (Puxeiros e Guizán), ao tempo que redactarían un convenio entre Deputación de Pontevedra e Concello de Mos para establecer as competencias e responsabilidades de cada administración sobre os mesmos, asumindo a primeira o mantemento dos sistemas de funcionamento, e a administración local as reparacións menores tales como o cambio de luminarias cando estas se fundan, por exemplo. Desde o Concello recibiuse o devandito convenio que se devolveu asinado á Deputación; pero a administración local levaba máis de dous meses esperando a que esta formalizase o documento que por fin, este mediodía chegou ao Concello de Mos.

 

Concello de Mos

 

O número de semáforos de viais provinciais averiados en Mos aumenta, xa que agora atópase estropeado tamén o de Torroso, co conseguinte perigo que iso supón para a seguridade viaria e as vidas das persoas, tanto viandantes como conductores; xa que a inactividade destes semáforos multiplica exponencialmente o risco de atropelos e/ou colisións entre vehículos en cruces perigosos de vías.

Son 3 os semáforos averiados que deben ser arranxados coa máxima celeridade posible para garantir a seguridade viaria e salvar vidas.