2 septiembre, 2021
A Banda de Música Xuvenil de Torroso, xunto co cantante mosense Antonio Barros, versionaron o tema musical de La Moda, do que grabaron tamén un videoclip que se estrea hoxe á tarde na páxina oficial de Facebook do Concello de Mos
Continúase en Mos coa programación derivada da meta da etapa de La Vuelta Ciclista a España no Castro de Herville-Cela, o sábado día 4 de setembro. Outra das iniciativas postas en marcha é a versión da canción oficial de La Vuelta, autoría do grupo burgalés La Moda, a cargo da Banda de Música Xuvenil de Torroso, xunto co cantante mosense Antonio Barros.
A versión que membros da Banda de Música Xuvenil de Torroso prepararon xunto con Antonio Barros, conta tamén co seu propio videoclip que se estrea esta tarde na páxina oficial de Facebook do Concello de Mos.
A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, quixeron “agradecerlles aos participantes nesta espectacular versión musical a súa colaboración o seu interese e o seu bo facer”, gratitude que quixeron expresarlles tanto a Antonio Barros como aos membros da Banda de Torroso. E engadiron ademais o agradecemento a estes grandísimos músicos locais por “ilusionar á poboación mosense sempre, e especialmente nestes momentos nos que a crise sanitaria derivada da COVID-19 merma os estados de ánimo, polo que cómpre serguir a ilusionar á veciñanza; algo que eles fan como ninguén”, aseguran a alcaldesa Arévalo e Sara Cebreiro.
Desde o Concello anímase a visionar esta peza no Facebook do Concello, xa que non deixará indiferente a ninguén.
Alerta