13 diciembre, 2024
A programación de Nadal do Concello de Oia comezará este sábado e, ao longo das vindeiras semanas, ofrecerá
actividades para gozar en familia e con propostas pensadas para todos os públicos. O tradicional concerto de panxoliñas,
obradoiros, espectáculos e unha charla serán algunhas das propostas deste ano, que tamén incluirán a anhelada visita
de Papá Noel e a Cabalgata de Reis.
A programación navideña arrancará o sábado día 14 de decembro ás 20.00 horas na igrexa parroquial de Santa María de
Oia, onde terá lugar o tradicional concerto de panxoliñas da man da Coral Polifónica Vagalume. Este ano acompañarán
no concerto as corais polifónicas “María Auxiliadora” e “Amadeus”.
O venres 20 ás 18.30h, da man de Parroquias de Oia, virá o Carteiro Real ao Centro cultural de Viladeuso, onde os nenos
poderán facer a súa postal de Nadal que logo entregarán ao Carteiro. A continuación os nenos da catequese cantarán un
vilancico e posteriormente haberá unha merendola.
As actividades continuarán o día 24, coa visita de Papá Noel a distintos puntos do concello para recoller as cartas
escritas polos nenos e nenas do concello. Os cativos e cativas que entreguen a súa carta participarán nun sorteo de lotes
de libros (os escritos deberán incluír a idade e datos de contacto).
Na súa visita a Oia, Papá Noel fará o seguinte percorrido: eirado de Mougás (10h), centro cultural de Viladesuso (11h),
centro cultural de Pedornes (12h), Praza Centinela en Santa María de Oia (13h. En caso de choiva, trasladarase ao CEIP
Mestre Manuel García), Escolas de Torroña (15.30h) e Praza de Loureza (16.30h).
O día 27 de decembro a música volverá a Oia, nesta ocasión vinculada a Santa Uxía, patroa da parroquia de Mougás, e
con actividade organizada pola comisión de festas. Co gallo da antedita celebración de inverno, celebrarase o tradicional
concerto da Banda Unión Musical de Mougás 20.30h no Centro Cultural.
O día 29 ás 18.30h o Centro Cultural de Mougás acollerá “A historia de Rata o Pirrata”, un divertido espectáculo teatral
da compañía Olivas Negras dirixido a todos os públicos. A actuación terá lugar na Casa Cultural, dentro do programa “+
Escénicas” da Deputación de Pontevedra.
Co novo ano continuarán as propostas de cultura e lecer. Así, o 4 de xaneiro terá lugar o concerto “Cánticos de luz e
Nadal” de Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro, a cargo do programa “Entradiñas de Nadal” da Deputación de Pontevedra. A
cita será na igrexa parroquial de Santa María de Oia ás 20h.
A programación de Nadal deste ano tamén inclúe outras actividades como obradoiros infantís, que se desenvolverán en
horario de mañá para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares, e unha charla
destinada a familias.
Así, o 23 de decembro haberá un taller de galletas de Nadal e bombóns nas Escolas de Torroña en horario de 10.00 a
13.00 horas. Para apuntarse cómpre chamar ao Concello ao teléfono 986362125.
Alerta