
3 noviembre, 2025
O Concello de Nigrán abre do 6 ao 17 de novembro o prazo de inscrición para o ‘Campamento de Nadal 2025’ que organiza a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Este está destinado a 60 crianzas empadroadas no municipio con idades comprendidas entre os 3 e 11 anos, e desenvolverase dende o día 22 de decembro ata o día 5 de xaneiro de luns a venres.
O campamento desenvolverase no C.E.I.P. Humberto Juanes. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse na web en “nigran.sedelectronica.gal/
Para mais información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986383081, correo electrónico: cim@nigran.org.
Alerta