11 mayo, 2024
Os traballos para habilitar a senda están rematados e agora só falta o asfaltado de todo o tramo de estrada e os 200 metros de convivencia entre vehículos e peóns na zona central
As obras neste kilómetro de estrada provincial supuxeron un investimento total de 973.023 € dos que o 30% os achega o Concello con fondos propios
“Esta mellora radical na estrada foi posible grazas a un convenio co anterior goberno da Deputación que incluía tamén o proxecto dunha senda peonil entre Camos e Chandebrito que, agardamos, se manteña”, explica o alcalde, quen aposta por avanzar en posteriores fases cara A Carrasca e San Pedro
Recta final para o remate das obras de construción dunha senda peonil de 1 km que vertebra a parroquia de Parada a través da EP-2106 outorgándolle á zona plena seguridade viaria. Os traballos, iniciados o pasado mes de outubro e adxudicados a Construcciones E.C.Casas cun investimento total de 804,151 €, están financiados ao 30% polo Concello de Nigrán con fondos propios e o resto pola Deputación. A devandita senda peonil xa está concluída e agora só falta asfaltar todo o tramo de estrada e habilitar os 200 metros da plataforma de convivencia entre vehículos e peóns na zona central (contorna da igrexa e cemiterio), asuntos que non se demorarán máis dun mes.
“Esta mellora radical na estrada foi posible grazas a un convenio co anterior goberno da Deputación que incluía tamén o proxecto para habilitar unha senda peonil entre Camos e Chandebrito que, agardamos, se manteña”, explica o alcalde, quen tamén aposta por avanzar en posteriores fases cara A Carrasca e San Pedro. “Agardamos que un cambio de goberno na Deputación non signifique dar carpetazo aos compromisos acadados anteriormente. A senda de Camos é tamén prioritaria para nos”, sinala en referencia aos 4,3 km que separan o Torreiro de San Roque (Camos) de Pracíns (Chandebrito), moi empregado pola veciñanza para pasear pero non nula seguridade viaria para os peóns.
Este proxecto de 1 kilómetro que discorre desde o cruce da Areíña á contorna da igrexa comprende puntos sensibles como o cemiterio, o torreiro, a cancha multideportes ou a propia igrexa. “Isto é moito máis que habilitar unha senda peonil, isto é un cambio total na vida do barrio, pavimentando en pedra zonas máis urbanas, trocando a iluminación e dotando a zona de novo mobiliario”, explica o rexedor, quen incide en que “ao tratarse dunha mellora tan grande e dunha demanda histórica todos os veciños expropiados o fixeron de mútuo acordo”.
En concreto, estes cambios na EP-2106 A Ramallosa-Parada facilitan a mobilidade entre A Areíña e a zona central de Parada (cemiterio) coa citada senda peonil, e tamén cunha zona de convivencia con lousas de pedra e formigón na contorna da igrexa (espazo que foi humanizado no ano 2018 tamén coa colaboración da Deputación). A nova senda (antes non existía nada) ten 2,50 metros de ancho e na zona central de Parada a plataforma de convivencia estenderase ao longo de 200 metro. Nela colocarase mobiliario urbano, reforzarase o firme da calzada, así como a recollida das augas pluviais e o soterramento das liñas de electricidade e telecomunicacións e o cambio de alumeado. Do mesmo xeito, reinstalarase a sinalización vertical e horizontal adaptada á nova ordenación do ámbito.
“Este é un cambio a favor das persoas, transformando a contorna nun espazo amable onde poder pasear con seguridade”, insiste o rexedor, quen aposta por avanzar en posteriores fases cara A Carrasca e San Pedro. Igualmente, destaca que seguirá defendendo que a Deputación acometa o proxecto da senda San Roque (Camos)-Pracíns (Chandebrito), sendo moito máis complexa “por abarcar 4’3 km”.
Alerta