14 noviembre, 2023
XUNTA APOIA UNHA NOVA EDICIÓN DE GASTRO MOVIDA SUMMIT PARA POÑER A VIGO NO FOCO DA INDUSTRIA GASTRONÓMICA
— A delegada territorial, Ana Ortiz, participou este martes na presentación da segunda edición do evento
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este martes na presentación do evento Gastro Movida Summit 2023 que
durante os próximos 19, 20 e 21 de novembro converterá a cidade en capital da gastronomía e promoverá o turismo.
“As bases do evento son moi sólidas e o seu potencial é inmenso, creo nas súas posibilidades de crecemento porque se adapta ao que Vigo é e ao que Vigo necesita, unha cidade na que a gastronomía tomou un papel protagonista nos últimos anos a todos os niveis”, sinalou a representante autonómica.
Ana Ortiz estivo acompañada durante a presentación por algúns dos mellores cociñeiros da cidade, como Rafa Centeo, ademais da vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, e a xefa da Área de Explotación da Autoridade Portuaria, Dolores Rois.
Deseñado “por e para a industria gastronómica”, en palabras do máximo responsable do evento, David Suárez, Gastro Movida Summit pretende converterse nun movemento social da cidade e un vehículo para xerar e potenciar unha “movida real” dentro da industria gastronómica galega. “A pesar de estar só na súa segunda edición é xa un escaparate para chefs, establecementos e propostas innovadoras do ámbito gastronómico e
alimentario”, sinalou Suárez.
O congreso está comisariado, do mesmo xeito que a súa primeira edición, por Rafa Centeo, chef do restaurante Maruja Limón, cunha estrela Michelín, e Juan Figueroa Treus, hostaleiro e presidente de Sumilleres Galegos. Ademais de estar aberto ao público en xeral, as mesas redondas e relatorios serán emitidas en streaming.
WhatsApp us