A capela, punto de interese paisaxístico e turístico, é conocida como “mirador do Val do Tea” e cumpre cen anos dende a súa reforma exterior (1923-2023)
A Asociación Cultural Santa Mariña de Pesqueiras celebra o vindeiro 15 de agosto a tradicional Romaría a Monte Castelo na honra da Nosa Señora da Asunción, pondo así en valor o contorno. Ó mesmo tempo conmemora o centenario da reforma da Ermida e levará a cabo o III Fraternal Encontro con diversas imaxes que peregrinan dende parroquias achegadas.
A programación comeza xa pola mañá coa celebración da Misa ás 10:00h na Igrexa Parroquial e a continuación sairá ás 11:00h a procesión ata a Ermida con máis de dez imaxes.
Ó longo do día haberá pulpeiro, musica tradicional galega, danza e pandereteiras ademais dun xantar popular cos romeiros e veciños polas ladeiras do monte amenizado pola música dunha charanga. Xa ás 19:00h sairán as imaxes romeiras cara as súas parroquias e a partir das 21:45h farán a baixada coa tradicional procesión das candelas.
A Ermida de Monte Castelo da Nosa Señora da Asunción na parroquia de Pesqueiras atópase sobre un antigo castro romanizado nun enorme peñasco granítico, un enclave cunhas fantásticas vistas que chama a atención de moitos turistas, veciños e veciñas. Sobre este lugar xa atopamos referencias no ano 991, pero como tal aparecen referenciadas notas do ano 1592, e na súa espadaña figura a data de 1783 como
construción do cierre frontal.