O 6º Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos clausúrase cun 78% de inserción, prevéndose algunha contratación máis nestes últimos días

Compartir
6º Programa Integrado de Emprego. Fonte: Concello

Rematará o vindeiro 8 de novembro tendo superado con creces o obxectivo de inserción do 45%.

A Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou esta mañá no acto celebrado na Axencia de Colocación mosense.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvementoe Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, participaron esta mañá no acto de clausura do VI Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos, que consistiu nunha mesa redonda entre o equipo técnico do Programa Integrado, usuarios/as participantes no Programa Integrado de Emprego e representantes de empresas colaboradoras do Programa Integrado de Emprego; poñendo o broche final ao encontro o cantante mosense Antonio Barros Serodio, tamén usuario do Programa, que interpretou Nessun Dorma.

 

6º Programa Integrado de Emprego. Fonte: Concello

 

O 6º Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos clausúrase cun 78% de inserción prevéndose algunha contratación máis nestes últimos días. Rematará o vindeiro 8 de novembro tendo superado con creces o obxectivo de inserción do 45%. 78 persoas traballan actualmente ou traballaron durante o Programa.

O Programa contou con 100 usuarios/as de Mos e subvención da consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia de 250.000 €. O Concello aportou os 63.283,21 € restantes ata a acadar o custe total do Programa de 313.283,21 €.

 

6º Programa Integrado de Emprego. Fonte: Concello

 

Os usuarios puideron beneficiarse dunha ampla formación que incluiu desde 2 certificados de profesionalidade, ata 66 cursos de diferentes ramas con clases tanto presenciais como on line, preparación para a obtención do título da ESO e prácticas en empresas de diferentes sectores.

 

6º Programa Integrado de Emprego. Fonte: Concello

 

O 6º Programa Integrado logrou un 70,80% de inserción laboral das persoas que fixeron prácticas en empresas colaboradoras do mesmo. Entre as devanditas empresas atópanse Benteler, Faurecia, Cristal Sío, Proa, Magna, Alborada, Dativic, etc.

A avaliación dos resultados obtidos polo Programa é polo tanto moi positiva e parece que a crise derivada da COVID-19 non frea a creación de emprego en Mos, xa que o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos leva a data de hoxe acadada unha porcentaxe de inserción do 78%, cando se atopa a tres días do seu remate, xa que finaliza o vindeiro luns 8 de novembro; e prevese aínda algunha inserción laboral máis.

 

6º Programa Integrado de Emprego. Fonte: Concello

 

“A día de hoxe 78 dos 100 participantes do programa traballan ou traballaron desde o inicio demostrando que o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos, que con esta chega xa á súa sexta edición, continúa co seu labor de mellora de competencias e asesoramento na busca activa de emprego a persoas desempregadas do municipio, que reciben tanto formación como sesións de orientación laboral persoalizada”, declararon as representantes municipais Arévalo e Loureiro.