14 diciembre, 2024
O Aircargobooking Ourense enfróntase maña sábado ás 20:30h a Super Agropal Palencia no partido correspondente á xornada 12 da Primeira FEB.
Os de Moncho López , tras case asaltar o WiZink e gañar a Zamora, viaxan cara Palencia para disputar o que será o seu terceiro partido en menos dunha semana. Este esgotamento, amplificado pola cantidade de minutos de algúns efectivos polas baixas, pode xogar en contra ante un dos planteis máis completos da liga. Pero o que está máis que demostrado é que este Aircargobooking Ourense ten nivel de sobra para tratar de ti a ti a calquera, que nunca se rinde e que tratará de traer a vitoria de volta a casa.
Diante terá a un Super Agropal Palencia que está construído para acadar o ascenso á ACB de novo. Con xogadores de nivel en cada unha das posicións, como Krutwig ou Wintering, e cun adestrador, como Luis Guil, que fai encaixar todas as pezas e converte cada partido nunha guerra táctica coma se dunha partida de xadrez se tratase.
Alerta