15 diciembre, 2024
Super Agropal Palencia derrota por 114-81 ao Aircargobooking Ourense no partido disputado no Pabellón Municipal de Palencia na xornada 12 da Primeira FEB.
Comezaba o encontro co conxunto local moi acertado e cun Aircargobooking Ourense que non se atopaba na pista. Xa nos primeiros minutos o Super Agropal Palencia abría oco no marcador cun parcial de 12-3 que obligaba a Moncho López a pedir tempo morto. A reacción non chegaba e o equipo local seguía castigando dende o perímetro con 7 de 8 acertos e case sentenciaban o partido neste primeiro cuarto cun parcial de 31-14.
As cousas seguían sen mellorar para o conxunto de Moncho López neste segundo cuarto. Super Agropal Palencia continuaba en modo rodillo e non permitía ningún tipo de reacción do cadro visitante. A renda local aumentaba ata os 26 puntos de vantaxe cun 61-35 no marcador ao descanso.
Tralo paso por vestiarios o partido non cambiou. Super Agropal Palencia seguía a ter o control total do encontro e a distancia continuaba aumentando pouco a pouco ata chegar aos 30 puntos. O Aircargobooking Ourense, por medio de Unai Mendikote e Aanen Moody, seguían intentandoo pero o equipo local era moi superior. Remataba o cuarto 87-56 e todo decidido.
No último cuarto, Moncho López dáballe minutos aos xogadores menos habituais para xestionar o esgotamento tras os tres partidos en menos dunha semana. A renta local estabilizábase e o xogo foi un intercambio de canastas neste tramo final. Os locais, moi superiores, levábanse o encontro por 114-81.
Alerta