O alcalde acompañou aos usuarios do CODI e ás suas familias na conmemoración do día da discapacidade

Compartir
Día da discapacidade. Fonte: Concello

Os usuarios participaron nunha sesión de musicoterapia e representaron unha peza teatral en defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional.

Onte remataron o Camiño de Santiago coa chegada á Praza do Obradoiro e a visita á Catedral.

 

As actividades da Semana da Discapacidade programadas no CODI dende o pasado luns tiveron hoxe o seu colofón cunha xornada de portas abertas para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade. Os usuarios recibiron as visitas de familiares e achegados e estiveron tamén acompañados polo alcalde, José María Bello Maneiro, e as concelleiras de Benestar Social, Begoña Piñeiro, e de Formación e Emprego, Carmen Gómez.

 

Día da discapacidade. Fonte: Concello

 

Durante a mañá houbo exposición e venda dos produtos elaborados no obradoiro de xabóns “Descubrindo aromas e perfumes” e os usuarios participaron nunha sesión de musicoterapia e representaron unha pequena peza teatral, en defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional.

 

Día da discapacidade. Fonte: Concello

 

Proxectouse o vídeo da adaptación que o CODI, coa colaboración da Escola Municipal de Música, fixo da canción “Vivir” de Rozalén e, despois os asistentes, puideron degustar galletas elaboradas polos usuarios.

 

Día da discapacidade. Fonte: Concello

 

Durante esta semana de reivindicación da plena inclusión das persoas discapacitadas, os usuarios do CODI particiaparon en diversas actividades culturais e lúdicas, coma un obradoiro de expresión corporal e pintura ou unha sesión de cine. Onte remataron o Camiño de Santiago coa chegada á Praza do Obradoiro e a visita á Catedral, á que entraron pola Porta Santa.