14 noviembre, 2021
Este convenio nace do acordo adquirido entre Alfonso Rueda e o alcalde de A Cañiza.
Despois da reunión mantida entre o Alcalde da Cañiza, Luis Piña e o Vicepresidente 1º da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o pasado 9 de febreiro en San Caetano, xurde o compromiso por parte da Xunta de acordar a sinatura dun convenio entre a Dirección Xeral de Administración Local e o Concello para financiar actuacións de índole medioambiental.
O pasado mes de maio, a Directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comunícalle ao Alcalde que a Dirección Xeral ten reservados 70.000 €uros para o Concello da Cañiza.
A raíz dos problemas de abastecemento da rede municipal sufridos no mes de setembro e tendo informado o Alcalde á Directora Xeral sobre esta problemática, a Xunta da luz verde á tramitación definitiva do Convenio.
Dende a Alcaldía adoptase a decisión de destinar a axuda á construcción dun dos dous pozos necesarios para estabilizar o subministro de auga á rede municipal. Luis Piña propón a construcción do Pozo de Portoaugavella cun investimento de 80.000€uros, dos que 70.000 serían financiados polo Fondo de Compensación Ambiental.
Aínda que esta proposta foi aceptada inicialmente pola Dirección Xeral de Administración Local, dende a parte interventora da Xunta se comunica que esta actuación non podía ser obxecto de financiación, por non ter cabida dentro do marco de actuacións das bases do Fondo.
Descartada a obra de mellora do abastecemento de auga e co obxectivo de desatascar o Convenio, o Alcalde Luis Piña propón como alternativa o arranxo do tellado do Pavillón Municipal “Carballo do Marco”, por presentar graves problemas de filtrado de augas ademáis da adquisición de 123 contenedores de recollida de residuos sólidos urbanos.
Actuacións financiadas
O Alcalde Luis Piña decide destinar o 60% dos fondos do Convenio para o arranxo do tellado por ser unha das instalacións deportivas de maior uso por parte dos clubes da Cañiza e tamén por ser a sede do Clube Balonmán “equipo de élite do noso Concello”.
Por outra banda a urxencia de adquirir os máis de 100 contenedores de RSU, está xustificada polo alto grao de deterioro dos colectores existentes que nalgúns casos impide a recollida habitual de residuos por parte dos servizos de limpeza do Concello, co conseguinte efecto negativo na saúde pública e no medio ambiente.
Segundo a Dirección Xeral, a semana que ven firmarase este Convenio de Colaboración que deberá estar xustificado antes do 15 de decembro. Con todo e paralelamente o Concello xa ven tramitando o expediente para a contratación das obras e o subministro dos contenedores.
Alerta