Unha vez o DOG publique o previsible acordo que adoptará a Corporación este venres, os promotores estarán en condicións de presentar ante o Concello os proxectos de urbanización e de compensación, que xa están “adiantados”, en verbas de Caballero. Se hai uns días estimaba o inicio das obras nun ano, hoxe o alcalde avanzou que conta co que os traballos comecen “en menos dun ano”.
“É unha decisión importantísima”, valorou Caballero, “levamos máis de 25 anos agardando por este momento”. O alcalde recordou que, pese a que a lei só obriga a reservar un dez por cento, o Barrio do Cura contempla un trinta por cento de vivenda protexida, ademais de elevadores, parques, novos espazos públicos e estacionamentos. “É unha gran satisfacción, é a rexeneración e a recuperación dunha parte fundamental do centro de Vigo”, manifestou.
Paseo Lagares
Na Xerencia de Urbanismo tamén aprobouse a contratación das obras dun novo tramo do Paseo do Lagares entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid. Se actuará en 3.216 metros.
Abel Caballero considera un “un bo investimento” o millón douscentos mil euros adicados a facer “un paseo preparado, con 140 árbores de gran tamaño e 640 máis pequenos”. O rexedor sinalou que está “en negociacións” cos titulares do polígono de Miraflores para rematar toda a senda fluvial.