2 noviembre, 2021
O Alcalde convoca un Pleno Extraordinario para este xoves 4 de novembro, ás 9:00h, cunha porposta de acordo que pretende consensuar con toda a Corporación Municipal .
Ademáis solicita unha entrevista co Conselleiro de Sanidade e coa Xerencia de Atención Primaria de Vigo, para reclamar información sobre a situación actual do Centro Médico.
Luis Piña reclama tamén ante a Xunta de Galicia a necesidade de asignación dun cuarto médico para o Centro de Saúde da Cañiza, xa que os cupos dos tres facultativos están xa no límite dos 1.500 pacientes por médico. Unha circunstancia que considerando o crecemento do Padrón de Habitantes desbordará, saturará e colapsará a atención sanitaria en poucos meses. Unha carga de traballo que no caso da Cañiza se complica e duplica por contar cunha poboación altamente envellecida.
O Alcalde manifestou esta mañá que “Non hai necesidade de facer axustes coa Sanidade Pública nin de crear unha atención sanitaria deficiente. Este País non se merece este trato”. “A Administración pública, neste caso a Xunta de Galicia, ten o deber de esforzarse no mantemento dos servizos, sen recortes innecesarios”. Para Luis Piña “se hai 30 anos o PIB de España refrexaba máis pobreza que agora e mantíñamos este servizo, porqué hoxe, sendo máis ricos, queremos eliminar a dotación sanitaria no rural”. Esta é a gran pregunta. Para o Alcalde “Non hai necesidade de reaxustar e os veciños non merecen este abandono”. Remata decindo que “facer unha aposta polo rural non pode pasar por desmantelar este servizo”.
“O que pase con este consultorio periférico é responsabilidade do Goberno do Partido Popular de Núñez Feijóo, xa que a sanidade é un marco competencial da Xunta de Galicia”.
A Xunta decide o peche definitivo do centro médico de Valeixe ao non cubrir a praza do facultativo, e deriva a todos os pacientes ao Centro Médico da Cañiza.
O Sergas segue sen moverse do seu posicionamento inicial no que argumenta que polo volumen de cartillas asignadas a cada médico, non é necesario un cuarto facultativo. Sin embargo dos datos extraídos do SIGAP do Sergas, as tres consultas médicas do PAC da Cañiza e o consultorio de Valeixe suman case 4.500 cartillas que de concentrarse no PAC provocará un colapso e saturación no centro e unha atención sanitaria deficitaria.
Ademáis engádese a circunstancia dunha elevada porcentaxe destas cartillas pertence a veciños xubilados que precisan de constante e maior atención sanitaria.
Tamén hai que considerar que A Cañiza está experimentando un aumento no Padrón Municipal de Habitantes, quedando atrás a curva de perda de poboación, circunstancia que Luis Piña xa lle transmitiu á xerencia en reiteradas ocasións.
Pola súa banda, a Xerencia xa comunicara ao Alcalde hai meses que non teñen medios e que se trata dun diseño global que afecta a toda Galicia. Argumentos que non convencen nin ao Alcalde nin a veciñanza .
Luis Piña reitera que o seu principal obxectivo é defender os intereses do Concello da Cañiza e neste caso da parroquia de Valeixe, polo que, despois de case tres anos sen resolver este problema, apoiará aos veciños en todo o necesario ata conseguir que as mulleres e homes da parroquia poidan contar cuns servizos médicos dignos.
En palabras do Alcalde “A Xunta debería ter en conta que vivimos no interior de Galicia, nun rural diseminado, onde todavía non chegou o transporte público metropolitano que obriga á veciñanza a depender de transporte privado e taxis para os traslados”. “Que a meirande parte das case 800 cartillas adscritas ao médico de Valeixe son persoas maiores con dificultades de mobilidade, que multiplican a necesidade de atención médica, carecen de vehículo propio e atópanse sen familiares que os poidan achegar ata A Cañiza”.
A reclamación da asignación dun facultativo para o Centro Médico de Valeixe e un cuarto médico para o Centro de Saúde da Cañiza é unha das primeiras reclamacións do Alcalde Luis Piña, que xa o 19 de xullo de 2019 informaba ao xerente do EOXI de Vigo da problemática da non cobertura desta praza.
Alerta