23 noviembre, 2021
Fundación Amigos de Galicia organiza campañas de tapóns solidarios destinadas ao pago de necesidades escolares e tratamentos médicos para menores galegos en risco de exclusión social. Entre estas necesidades están a adquisición de gafas graduadas, audífonos e tratamentos médicos non custeados pola Seguridade Social, ademáis de dispositivos electrónicos e material escolar, a través da campaña «Concetad@s», que ten como obxectivo loitar contra o Fracaso Escolar pola Brecha Dixital actual que viven moitas familias galegas con escasos recursos.
O Concello recepciona na Casa Consistorial as achegas de tapóns procedentes doutros puntos de recollida do Concello, que se poden depositar en horario de mañá e de tarde na planta baixa.
Pódense reciclar todo tipo de tapóns de plástico, dende tapóns de pasta dentífrica, botes de xel, de champú, de produtos de limpeza, de bebidas de plástico duro, vasos dosificadores de medicamentos, tapas de leites infantís, tapóns dos dispensadores e así un largo etc que tamén se pode consultar na web da fundación.
Alerta