O alcalde da Cañiza, Luis Piña e David Ferreiro presentaron a Obra e Memoria de Luis R. Brage Villar

Compartir
Luis Piña e David Ferreiro. Foto cedida polo Concello de A Cañiza

O alcalde, Luis Piña e David Ferreiro presentaron na biblioteca municipal a Obra e Memoria de Luis R. Brage Villar, compositor santiagués, referente da música galega no primeiro terzo do século XX e creador da Banda de Música La Lira de Ribadavia.

Esta publicación do cañicense David Ferreiro, editada  polo Consello da Cultura Galega en xuño de 2020, aborda un percorrido pola traxectoria vital e artística do compositor Brage Villar( 1896-1959).

O libro, xunto cos títulos Bandas de música: contextos interpretativos y repertorios e  Luis R. Brage Villar, Follas Novasxa forman parte do Catálogo de Fondos da Biblioteca da Cañiza. Ademáis a Obra e Memorias de Brage está dispoñible para descarga na páxina do Consello da Cultura Galega  no enlace http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4368

O Alcalde Luis Piña manifestou esta mañá a súa satisfacción pola visita e sobre todo pola labor  deste xove cañicense  “quen a pesar da súa xuventude, conta xa cun brillante currículum, con varios premios e mencións extraordinarias sobre todo no eido da investigación e divulgación musical”. “un profesional a quen seguro lle agardan grandes éxitos que esperamos poder compartir dende A Cañiza, a súa terra”.