O alcalde da Cañiza, Luís Piña visita as obras de urbanización entre a rúa Progreso e O Regueiro

Compartir

O alcalde Luis Piña acompañou o pasado venres ao Delegado Territorial da Xunta, Luis López e ao Xefe Territorial de Medio Ambiente, José Manuel González, na visita ás obras de urbanización no entronque entre a rúa Progreso e O Regueiro. Tamén estiveron presentes os Concelleiros da Corporación Municipal.

 

As obras, enmarcadas dentro do Plan Hurbe da Consellería de Medio ambiente e Territorio, executadas pola Xunta de Galicia, comezaron o pasado 24 de setembro e consistiron na urbanización do tramo de cabeceira de conexión entre a N-120 e o Regueiro nunha superficie de 43,50 ml.

 

Foto remitida polo Concello da Cañiza

 

Rematadas as obras por parte da empresa e recepcionadas o pasado 5 de novembro de 2020, a urbanización precisou de varias correccións por non terse contemplada inicialmente a conexión entre ambas beirarrúas para a canalización soterrada da tubería de telefonía e comunicacións. Ademáis asfaltouse o entronque sen retirar previamente un poste de alumeado público situado no medio dunha das calzadas.

 

O Concello tivo que acometer estas correccións, abrindo unha “zanja” por toda a calzada para conectar ambas beirarrúas na N-120, colocando a tubería de comunicacións e xestionando o reasfaltado deste tramo, no que queda pendiente colocar as baldosas para invidentes dacordo coa normativa vixente.

 

Aproveitando a execución destas modificacións, o Alcalde Luis Piña informou de que tamén se desplazará a sinalización do paso peonil 65 cm máis abaixo na calzada para facilitar a incorporación dos vehículos á N-120.

Foto remitida polo Concello da Cañiza

A obra desenvolveuse no marco dun convenio asinado no ano 2019 entre o Concello e a Consellería por un importe de 46.995,44 € dos que a Consellería aportará o 70% e o Concello o 30% restante.

Este expediente estivo paralizado dende febreiro de 2019 por un error detectado na Dirección Xeral de Urbanismo cando a Xunta solicita ao Concello gobernado polo anterior Alcalde o envío do proxecto completo e se envía un proxecto de urbanización que nada tiña que ver coa Memoria inicial de Humanización que da lugar á sinatura do Convenio.

Isto provoca unha parálise na tramitación do expediente, ata que recién tomada Posesión na Alcaldía, Luis Piña se interesa polo Convenio e solicita unha entrevista coa Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Esta reunión celebrarase o 30.08.2019 en Santiago e terá como resultado a sinatura dunha Addenda pola que se modifica o convenio cambiando o proxecto de humanización por Urbanización. A partires deste momento o expediente continúa a súa normal tramitación.