12 agosto, 2021
O alcalde Luis Piña reuniuse na Xerencia do Sergas de Vigo para reclamar de novo a urxencia de cubrir a vacante do médico de Valeixe.
Ésta é unha das primeiras reclamacións do Alcalde Luis Piña que xa o 19 de xullo de 2019 informaba ao xerente do EOXI de Vigo da problemática da non cobertura desta praza.
Despois de dous anos sen que se dera dende a Xunta unha solución definitiva a este problema, a Xerencia informa que polo menos ata dentro de 2 meses non se cubrirá eventualmente a Praza.
Na reunión deste martes, Luis Piña deixou constancia de que, de non cubrirse a vacante os veciños de Valeixe co apoio do Concello e da Alcaldía non descartan iniciar mobilizacións.
Segundo manifestou o Alcalde “o que pase con este consultorio periférico é responsabilidade do Goberno do Partido Popular de Núñez Feijóo”
O Alcalde Luis Piña foi recibido onte na Xerencia do Sergas da Área Sanitaria de Vigo pola Directora de Atención Primaria e a Subdirectora de Enfermería para atender, de novo, a reclamación realizada dende a Alcaldía sobre a necesidade de cubrir de modo inmediato a praza de médico no consultorio de Valeixe. A perda deste facultativo hai máis de dous anos, supuso tamén a perda dun cuarto médico no PAC da Cañiza, xa que este profesional pertence á plantilla do centro médico da Vila.
A resposta da Xerencia foi que ata dentro de dous meses non se poderá cubrir esta vacante e que ésta tampouco será definitiva.
O Sergas argumenta que polo volumen de cartillas asignadas a cada médico, non é necesario un cuarto facultativo. Sin embargo dos datos extraídos do SIGAP do Sergas, as tres consultas médicas do PAC da Cañiza teñen 1.206, 1.180 e 1.271 cartillas. Un total de 3.657 pacientes aos que habería que sumar outros 754 procedentes do consultorio de Valeixe. Unha suma que alcanza as 4.411 cartillas que de concentrarse no PAC provocaría un colapso e saturación no centro e polo tanto unha atención sanitaria deficitaria.
Ademáis engádese a circunstancia de unha elevada porcentaxe destas cartillas pertence a veciños xubilados que precisan de constante e maior atención sanitaria.
Por outra banda o Alcalde comunicou á Xerencia que A Cañiza está experimentando un aumento no Padrón Municipal de Habitantes quedando atrás a curva de perda de poboación.
A Xerencia comunicou ao Alcalde que non teñen medios e que se trata dun diseño global que afecta a toda Galicia. Argumentos que non convencen nin ao Alcalde nin a veciñanza xa que podería existir unha estratexia velada dende a Xunta de dificultar o servizo do consultorio de Valeixe para provocar por parte dos pacientes o seu abandono en favor do PAC da Cañiza e así, o SERGAS, apoiado na falta de cartillas, decidir o peche deste centro médico.
Luis Piña reiterou ante a Xerencia que o seu principal obxectivo é defender os intereses do Concello da Cañiza e neste caso da parroquia de Valeixe, polo que, despois de case tres anos sen resolver este problema, apoiará aos veciños en todo o necesario ata conseguir que as mulleres e homes da parroquia poidan contar cuns servizos médicos dignos.
En palabras do Alcalde “A Xunta debería ter en conta que vivimos no interior de Galicia, nun rural diseminado, onde todavía non chegou o transporte público metropolitano que obriga á veciñanza a depender de transporte privado e taxis para os traslados”. “Que a meirande parte das 754 cartillas adscritas ao médico de Valeixe son persoas maiores con dificultades de mobilidade, que multiplican a necesidade de atención médica, carecen de vehículo propio e atópanse sen familiares que os poidan achegar ata A Cañiza”.
Polo tanto “ todo o que pase con este consultorio periférico é responsabilidade do Goberno do Partido Popular de Núñez Feijóo
Alerta