O alcalde da Cañiza visita os centros escolares de Valexei e a Cañiza

Compartir

Coincidindo co inicio das clases deste curso escolar 2021-2022, Luis Piña achegouse ata os centros de ensino do Municipio para supervisar os traballos de mantemento realizados polo Concello nestas instalacións durante este verán.

 

No referente á crise de saúde xerada pola COVID-19, o Alcalde quixo enviar a toda a comunidade escolar unha mensaxe de normalidade xa que polo de agora están garantidos  todos os protocolos e medidas sanitarias.

Por outra banda, neste curso escolar, segundo se recolle no DOGA 104 do 04/06/21, os períodos vacacionais quedan establecidos en:
-Nadal (desde o 22 de decembro de 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive);

-Entroido (os días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo de 2022);

-Semana Santa (desde o 11 ata o 18 de abril ambos inclusive).

-Non serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma.

-Tampouco o Día do Ensino, que se celebrará o 11 de outubro de 2021, polo que será non lectivo a efectos académicos.

– Ademáis instáurase como novidade por primeira vez neste curso a celebración do Día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro de 2022.