21 septiembre, 2021
Entre os asuntos a tratar estivo a necesidade dun plan de mobilidado adaptado aos Concellos da marxe da liña Ferroviaria do Miño.
Esta iniciativa propon contar co consenso das administracións locais para favorecer a mobilidade das poboacións próximas, a través da converxencia de distintos medios de transporte, para conectar ao ámbito municipal de influencia con Galicia e resto do Estado, así como o veciño Portugal.
Antón Conde, Coordinador Provincial do sector ferroviario de CCOO insistiu na necesidade dun deseño de transporte ferroviario que baseándose nunha rede de proximidade favoreza a mobilidade facía Ourense, para enlazar coa liña de Alta Velocidade, e cara a Vigo para enlazar co corredor Atlántico (en ambas as direccións, Norte e Sur).
O Alcalde Arbense informa que o paso do tren por Arbo, e a situación estratéxica na que estaba situada a estación, permitiu durante moitos anos un desenvolvemento económico para a nosa vila, polo que temos que considerar o ferrocarril como sistema estratéxico para o desenvolvemento económico e social, que require dunha readaptación de algúns dos seus servizos para que sea unha palanca máis o alcance e crecemento de Arbo; polo que é necesario unha estratexia e propoñer realización necesarias para a mellora do ferrocarril convencional, ampliaciar as paradas das liñas existentes no Concello de Arbo, co fin de mellorar o servizo ofertado e creación dun servizo de trens de cércania comarcal para vertebrar o territorio de Vigo – Ourense, moción que presentara o grupo politico de goberno para o vindeiro pleno.
Requírense trens de calidade a prezos accesibles e con frecuencias que contemplen a interopetarividad e o transporte intermodal. CCOO solicitou ao Alcalde de Arbo que se some a esta iniciativa que apunta á calidade do servizo ferroviario e á súa conexión con Europa. “Non podemos perder esta ocasión histórica ao contar cos recursos e medios do Plan Director e outros proxectos que transformarán as infraestruturas ferroviarias na liña do Miño.”
Alerta