O alcalde felicita a Carlos Álvarez Fariña, subcampión de España de Judo

Compartir
Abel Caballero e Carlos Álvarez co trofeo de subcampión de España de Judo. Fonte: Concello

Abel Caballero recibiu este luns no Concello ao judoka vigués, que vén de acadar a segunda posición no Campionato de España máster de judo na categoría de +90 quilos, o que lle outorga a clasificación para o Mundial de Lisboa que se disputa en outubro.

O rexedor trasladoulle os parabéns no nome da cidade pola súa proclamación como subcampión de España, e desexoulle o mellor dos éxitos na próxima competición.