O alcalde felicitou ao vigués Nico Rodríguez, bronce en clase 470 de vela en Tokio

Compartir

Xunto a Jordi Xammar, o laureado regatista vigués vén de conseguir a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Tokio. “Quero enviarlle desde aquí a nosa felicitación efusiva, o noso entusiasmo polos seus éxitos. Estamos moi honrados de que leve o nome de Vigo polo mundo desta forma tan extraordinaria”, afirmou Caballero este mércores.

O alcalde definiu ao deportista como “gran deportista e gran vigués” e recordou que a Gran Gala do Deporte de Vigo celebrada este ano en Navia elixiuno como o mellor regatista da década, mentres que o mesmo evento no pasado 2020 designou a Rodríguez como o mellor deportista de Vigo.

Nico Rodríguez engade este metal olímpico ao seu gran palmarés. Entre os seus principais logros está o primeiro posto obtido o pasado ano en Miami no Circuíto Copa do Mundo da clase 470, e os bronces este mesmo 2021 nos campionatos de Europa e do Mundo celebrados en Portugal e Dinamarca, respectivamente