Abel Caballero. Fonte: Concello
21 septiembre, 2021
Abel Caballero cualificou de “disparate” que o Presidente da Autoridade Portuaria aposte de xeito “irrenunciable” polo tren á terminal de Bouzas, “que o que fai é romper a cidade”.
O Rexedor mantivo unha xuntanza coa Federación de Usuarios do Porto de Vigo o luns, na que expresou o rexeitamento ao tren á terminal de Bouzas.
O Alcalde afirmou que os únicos que queren o tren “son o Partido Popular e a Xunta de Galicia quen apoian as vías polo medio da cidade. Nin Stellantis, nin a Federación de Usuarios, nin a cidade que non vai toleralo, nin a Alcaldía nin o Ministerio de Transportes queren a conexión ferroviaria con Bouzas”.
Caballero pediu aos veciños e veciñas “tranquilidade” porque “garante que non vaise facer o tren” que afectaría á zona de A Salgueira, o Lagares, Sárdoma, Gran Vía, praza América, avenida de Castelao, Coia, avenida de Europa e Alcabre ata a urbanización de Sotavento.
O Rexedor lamentou que “queiran romper todo Vigo” e insistiu no disparate de facer un tren polo medio da cidade: “En ningunha cidade do mundo ocórreselles isto. Eu conseguín facer a entrada en alta velocidade nun túnel desde Redondela. Eu non quero o tren na cidade, teñen que ser subterráneos”, sentenciou.
Alerta