O alcalde louva a “importancia” en Vigo da Axencia Europea de Control da Pesca

Compartir
Abel Caballero e Susan Steele, no despacho da Alcaldía. Fonte: Concello

Abel Caballero recibiu este mércores á nova directora da entidade comunitaria, Susan Steele, unha visita “de cortesía” na que o rexedor vigués ofreceu a “cooperación” municipal a unha “institución da maior importancia” na cidade olívica. “Estamos encantados coa súa presenza”, afirmou.