O alcalde fixo entrega dos diplomas acreditativos ao alumnado. Fonte: Concello
14 diciembre, 2021
Abel Caballero participou este martes no acto de imposición das identificacións dos embaixadores júnior do Programa de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
O centro vigués é o único en Galicia con este certificado.
O alcalde desprazouse este martes ata a rúa do Príncipe para tomar parte nesta breve celebración, na que se lle concedeu o diploma e a identificación como embaixadores júnior ao alumnado do Colexio Vivas que completou o programa. Na súa intervención, Caballero repasou a historia da xénese da Unión Europea e louvou o proxecto comunitario xurdido despois das guerras mundiais do século XX.
O programa no que está incluído o colexio vigués ten por obxecto estimular o coñecemento de Europa e da democracia parlamentaria entre a mocidade, proporcionándolles un coñecemento activo da Unión Europea e do seu Parlamento en particular. Xunto ao alcalde asistiu o concelleiro de Educación, Gorka Gómez, e a directora executiva da Axencia Europea de Control da Pesca, Susan Steele, con sede en Vigo, interviu a través dun vídeo.
Ao remate do acto, os responsables do Colexio Vivas fixeron entrega ao alcalde dun retrato e tamén da súa identificación como embaixador honorario.
Alerta