Firma do Delegado Gobierno en A Cañiza. Fonte: Concello
27 agosto, 2021
O Delegado do Goberno, José Miñones, supervisou na Cañiza a actuación do Ministerio de Transportes na N-120, despois de que o tráfico no tramo urbano se vira intensificado pola reparación do túnel do Folgoso da A-52 Rías Baixas, polo incendio sufrido a principio deste ano
O Delegado exemplifica coa renovación de 20 Km da N-120 na Cañiza, a cooperación entre o Goberno e os Concellos Galegos
Na visita de hoxe o Alcalde, acompañado dos Concelleiros da Corporación Municipal, despois de dar a benvida ao Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen visitou oficialmente A Cañiza por primeira vez, e á Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, lles agradeceu o importantísimo esforzo e investimento feito na Cañiza.
Luís Piña manifestou que «é unha mostra do grao de coordinación entre as administracións, xa que unha vez aberto o túnel do Folgoso, desde o Concello empezamos a traballar para solicitar o arranxo do tramo urbano da N-120, así como doutros tramos especialmente deteriorados fora de núcleo pero dentro dos límites do Concello».
«Inmediatamente tivemos resposta tanto da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, como da Delegación do Goberno en Galicia, con que mantiven varias reunións de traballo que frutificaron na última reunión mantida en Madrid co Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Sergio Vázquez». «Este traballo en conxunto deu solución ao mantemento do vial para moitos anos, sendo una clara mostra de que o Goberno de España tamén traballa en beneficio das veciñas e veciños da Cañiza».
Pola súa parte o Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, explicou que a renovación do firme estará rematada en setembro. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, actuou no túnel da autovía A-52 tras o incendio, cun investimento de 2,4 millóns de euros, momento no que o tráfico na estrada nacional 120 viuse moi intensificado. Por iso agora renova dende principios de este mes preto de vinte quilómetros.
Houbo varias reunións co alcalde, tanto na Subdelegación do Goberno en Pontevedra como na sede do Ministerio en Madrid, para pechar esta actuación, cun orzamento de 890.000 euros. “O reasfaltado da travesía da Cañiza é froito desta cooperación, na que quero destacar o papel do Alcalde que traballou arreo nestes meses para que hoxe poidamos ver esta actuación case concluída”, detallou o Delegado.
APOIO DO GOBERNO DE ESPAÑA Á CAÑIZA A TRAVÉS DE IMPORTANTES
INVESTIMENTOS
O Ministerio para a Transición Ecolóxica concedeu máis de 2 millóns de euros ao Concello para facer máis eficiente o alumeado.
A extensión da banda ancha, do Ministerio de Asuntos Económicos, beneficiará este ano A Cañiza.
A través de Solo Empresarial do Atlántico (SEA – SEPES), o Goberno estuda potenciar o polígono industrial do Concello.
O Goberno de España ten como obxectivo apoiar ao rural galego. Facelo máis sostible e máis conectado son algunas das metas. Por iso, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico concedeu 2.014.580,15 euros para seis proxectos no Concello, de aforro e eficiencia enerxética, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).
A Cañiza tamén conta co apoio do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. Neste caso, a través do Plan de Extensión de Banda Ancha o Concello se beneficiará da instalación da banda ancha e mellorará a súa conectividade a Internet.
José Miñones entende que a colaboración e cooperación entre o Goberno e os Concellos, debe ser a liña que marque o traballo en Galicia, coa dinamización do rural e o reto demográfico como algunhas das prioridades. Nese senso, outra vía aberta coa Cañiza é a potenciación do seu polígono industrial, que está en análise por Solo Empresarial do Atlántico (SEA – SEPES), dependente do Ministerio de Transportes.
Alerta