O congreso da FAO, antesala da feira Conxemar , contou nesta ocasión coa presenza da súa Maxestade a Raíña Letizia no Auditorio Mar de Vigo, nun acto no que tamén estiveron presentes o Alcalde, o Ministro de Agricultura e o Presidente da Xunta. Durante a súa intervención, Caballero apuntou á cidade como capital do mundo da pesca sostible e responsable.
O Alcalde participou esta mañá no congreso da organización para a nutrición das Nacións Unidas, FAO, que se desenvolveu esta mañá no Auditorio Mar de Vigo coa presenza da súa Maxestade a Raíña Letizia. Na súa intervención, Caballero defendeu a pesca que se realiza na cidade, responsable e sostible desde todos os seus ámbitos, coidando os océanos e o medio ambiente. Apelou á cooperación entre administracións para seguir practicando unha pesca responsable, e agradeceu á FAO que sigan elixindo Vigo para organizar este certame científico.

Na inauguración do IX congreso FAO-Conxemar que sirve antesala á celebración da feira internacional de produtos do mar conxelados, Conxemar, tamén estiveron presentes o Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas; e o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entre outras autoridades.