15 noviembre, 2021
O alcalde celebra o anuncio do presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, que adiantou que o Consello de Ministros aprobará un plan con 660 millóns de euros para crear 64.000 prazas públicas nas escolas infantís.
O alcalde solicitou por carta á ministra de Educación e o presidente da Xunta financiamento para a nova escola infantil da Praza da Industria con cargo aos fondos europeos. Faino logo de anunciar o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, que o Consello de Ministros aprobará o martes unha partida de 660 millóns para a creación de 64.000 prazas nas escolas infantís.
Caballero lembrou que o Concello ten 9 escolas infantís municipais: Atalaia-Teis, Bembrive, Bouzas, Mestres Goldar-Castrelos, Costeira-Saiáns, Navia, Sta. Cristina de Lavadores, Tomás Alonso e a de Santa Marta no Casco Vello. “Coa nova en Praza da Industria teremos 10. Ademais, tamén subvencionamos ás da Xunta na rúa Palencia, Valadares e Hernán Cortes polo que serán 13 escolas infantís, máis do dobre das que ten a Xunta que é quen ten as competencias e os recursos”, declarou o rexedor.
Alerta