14 diciembre, 2021
Varela, que xa se atopaba en corentena por contacto estreito cun afectado, terá que ampliar o confinamento ata que supere a enfermidade.
O rexedor atópase ben, sen apanas sintomaloxía, polo que, pese a cancelar a súa axenda física, continuará realizando as súas funcións no Concello.
Cando estaba a piques de rematar a corentena preventiva á que someteu durante dez días por ser contacto estreito cun enfermo de covid, o acalde, Alberto Varela, coñeceu hoxe que, finalmente, tamén se tiña contaxiado. O rexedor atópase ben, sen apenas sintomaloloxía, polo que pese a ter que ampliar o confinamento ata que supere a enfermidade, en principio dez días máis, continuará traballando dende a casa nas labores de dirección do Concello.
O positivo confirmoullo hoxe a última PCR realizada, precisamente, para saber si xa podía abandonar o confinamento preventivo que estaba a seguir e retomar a súa actividade pública. A constatación de que finalmente tamén se contaxiou trastoca unicamente a axenda física do rexedor, que terá que pospoñer ata novas datas reunións presenciais e visitas, xa que continuará teletraballando con normalidade dende a súa casa.
Alerta