Abel Caballero e o edil de comercio, Ángel Rivas. Fonte: Concello
16 noviembre, 2021
Abel Caballero supervisou este martes a instalación da estrutura, que ten unha plataforma de 10,5 metros de diámetro, e que conforma unha das atraccións clásicas do Nadal de Vigo.
Situado na Porta do Sol, o carrusel cuberto ten dous pisos superpostos xiratorios, con cabalos e góndolas, nos que irán sentadas as nenas e nenos para gozar da experiencia.
Amais, Caballero achegouse ata a árbore de Policarpo Sanz onde están rematando os traballos de montaxe.
Alerta