26 noviembre, 2021
O acto na Praza de Galicia comeza ás 18.30, contará coa intervención do alcalde e será retransmitido por streaming para quen o queira seguir dende a súa casa
Haberá panxoliñas e contarase coa presenza de Rodelfo o Elfo.
Tras o prendido, previsto para as 19.00 horas, dará comezo o espectáculo de pompas xigantes de xabón, con entrada libre e de balde ata completar aforo.
O alcalde presidirá o evento que contará coa presenza de Papa Noel, Rodelfo o Elfo e as panxoliñas da Banda Música de Vilagarcía. O acto retransmitirase por streaming a través do facebook do Concello e da canle de Youtube para quen desexe seguilo desde casa. A gran árbore que preside a praza, xunto do resto da iluminación das rúas, acenderase ás 19.00 horas, tras o cal, o público que o desexa poderá asistir ao espectáculo de pompas xigantes de xabón que terá lugar no Auditorio, e os que non, poderán visitar os xardíns efémeros cos que se decoraron numerosos espazos da vila ou a cidade infantil da Praza da II República.
O acto da Praza de Galicia estará dirixido por Erea Hierro que dará a benvida a todos os asistentes e irá dando paso ás persoas que interveñen no acto, así como as actuacións da Banda de Música de Vilagarcía que ten preparado un recital de panxoliñas.
Os máis cativos terán a oportunidade de ver a Papa Noel, aínda que, debido ás normas de prevención do Covid, este ano non poderán sentarse no seu colo para trasladarlle as súas peticións. Maila isto, o anciá de Laponia dirixirá unhas afectuosas palabras ao todos os presentes. Tamén fará a súa aparición en escena Rodelfo o Elfo, que animará ao público con algunha das súas ocorrencias
As 19.00 horas está previsto o acendido do gran cono de luz que preside a Praza de Galicia e, de inmediato, iluminaranse o resto das rúas da cidade. Tras a inauguración do alumeado de Nadal, a actividade trasládase ao Auditorio onde uns minutos despois, os suficientes para dar tempo á xente a trasladarse ata alí, comezará o espectáculo navideño de “Burbuxas Máxicas” de xabón. A entrada é libre e de balde ata completar aforo e non fai falta reserva previa. As butacas iranse ocupando segundo a orde de chegada.
A través dun guión de conto con princesas, bruxas e maxia, o espectáculo abraiará a cativos e maiores coas enormes pompas de xabón que adquiren inusitadas formas e cores e que actúan como outros personaxes máis da historia, interrelacionándose cos actores e protagonistas do conto que entran e saen, como por arte de maxia, das delicadas e efémeras burbullas.
Sinopse
Nunha fría noite de inverno, a bruxa Burbruxa invadiu o reino de Pomperia e se fixo co seu máis prezado tesouro: o elixir das pompas xigantes. Foi unha era escura, na que os Pomperienses, que ata entón vivían felices e en harmonía nun reino florecente dirixido pola princesa Pomperela e o mago Pomper, foron escravizados, privados da luz e a felicidade. Pero todo remata cando a princesa e o mago logran o que antes moitos intentaran sen éxito: abrir as sete portas e rescatar o Tesouro das Pompas Xigantes.
Alerta