3 diciembre, 2024
Co gallo do tres de decembro, DÍa Internacional das Persoas con Discapacidade, e ao longo de todo o mes, a Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), en colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA) e diversos clubs de toda a Comunidade; suman forzas na segunda edición de “Basket Diverso”, proxecto que busca impulsar os valores do Baloncesto como elemento integrador e educacional.
Neste marco, iniciaranse accións de visibilización que unirán nas pistas galegas a deportistas da FEGABA e da FGDA. A primeira delas será en Lugo este mércores, 4 de decembro; da man de Ensino Lugo e Xuncas Diversia.
Co encontro Durán Maquinaria Ensino – Hozono Global Jairis (04/12/24 – 20:15 h) como escenario, integrantes de ambos os equipos disputarán un 3×3 no descanso do encontro da Liga Feminina ENDESA. O mesmo será o exemplo perfecto de que o Baloncesto é un deporte para todos.
Esta acción amplificarase a través do mes de decembro, repetíndose con novos protagonistas e cun calendario que permitirá facer chegar a iniciativa “Basket Diverso” a toda Galicia:
14/12/24 – Vigo
Participan: Celta Baloncesto, Amfiv Vigo e Celta Integra Vigo .
Descanso do encontro Celta Femxa Zorka – Hozono Gobal Jairis.
21/12/24 – Lugo.
Participan: CB Breogán e Xuncas Diversia Luga.
Cando: Descanso do encontro Río Breogán – Basquet Girona.
22/12/24 – Ferrol.
Participan: Basketmi Ferrol e Baxi Ferrol.
Cando: Descanso do encontro Baxi Ferrol – Hozono Gobal Jairis.
21/12/24 – Coruña.
Participan: Maristas Coruña e Inclubasket Coruña.
Cando: Descanso do encontro Maristas Coruña – Ibaizabal.
22/12/24 – Coruña.
Participan: Básquet Coruña, Difunga Coruña e Inclubasket Coruña.
Cando: Descanso do encontro Leyma Coruña – Joventut.
“Basket Diverso” é una iniciativa que forma parte do proxecto da Federación Galega de Baloncesto: “SOCIAL BASKET”.
Co mesmo, a entidade federativa reforza o seu papel como axente activo, unindo o deporte con múltiples perspectivas e ámbitos sociais.
Alerta