12 agosto, 2024
O goberno municipal do Porriño leva a pleno a vindeira semana o seu orzamento para o exercicio 2024, unhas contas que rozan os 21 M de euros, 2 M máis que o vixente, o que supón un incremento dun 9,68%.
A folla de ruta económica para o presente ano é ambiciosa no que respecta aos gastos e prudente no tocante aos ingresos, imaxe dunha administración solvente e responsable na xestión que, por encima de todo, vela cada día polos intereses das veciñas e veciños do Porriño.
“Continuamos coa senda marcada de reducción de impostos mantendo os niveis dos servizos públicos, o control do gasto e o equilibrio fiscal”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. É importante salientar o gran esforzo que se está a facer desde a administración local para poder manter e aumentar todos os servizos prestados, sen que iso repercuta nun incremento da
presión fiscal. E é que O Porriño é o municipio de toda a área que menos cobra polos servizos prestados.
Alerta