10 noviembre, 2021
O Deputado Néstor Rego presenta unha emenda aos Orzamentos Xerais do Estado de 2022, para destinar 800.000 euros a facer realidade esta reiterada solicitude.
Desde a fronte nacionalista lembran que nesta ubicación da N-550, no límite entre os Concellos de Redondela, Mos e Pazos de Borbén, circulan cada día uns 20.000 vehículos.
O Bloque Nacionalista Galego vén de reclamar a construción dunha rotonda na estrada N-550 ao seu paso polo Alto dos Valos ante a alarmante inseguridade viaria neste punto, situado no límite entre os Concellos de Redondela, Mos e Pazos de Borbén. O deputado da fronte nacionalista no Congreso, Néstor Rego, presentou unha emenda parcial aos Orzamentos Xerais do Estado (OXE), de 2022 para demandar un investimento de 800.000 euros que faga realidade esta reiterada demanda.
“Existe un problema de seguranza viaria neste punto polo tráfico que ten, incluído de vehículos pesados”, explicou Rego durante unha visita na zona acompañado dos portavoces municipais do BNG de Redondela, Xoán Carlos González, de Mos, Gustavo Barcia, e de Pazos de Borbés, Xurxo Pardo.
Os representantes da fronte nacionalista lembraron que cada día circulan arredor de 20.000 vehículos por esta ubicación da N-550, que une o norte de Portugal e as áreas industriais do Porriño co norte da provincia de Pontevedra e da Coruña. De feito, este vial ten unha das densidades de tráfico máis elevadas da provincia, pois serve como alternativa sen custes á AP-9, o que provoca na zona do Alto dos Valos unha preocupante siniestralidade.
A demanda dunha rotonda que mellore a seguridade viaria dos tres concellos afectados foi desouvida polos sucesivos Gobernos españois durante os últimos anos. Porén, Tráfico ten instaladao neste punto un rádar co que recada preto de 600.000 euros cada exercicio.
Alerta