2 mayo, 2024
” O porriñés Álex “Coraje” Castro batirase co vigués Diego Castro
” As entradas están xa a venda, con descontos por compra anticipada
O vindeiro 11 de maio terá lugar no Porriño a “Fight Night”, unha velada de boxeo organizada polos clubes CKM Combat Academy de Mos e Spartan Team de Tomiño e patrocinada polo Concello do Porriño. O pavillón dos deportes será o escenario deste evento deportivo a partir das 19:30 horas.
Esta noite de loita contará con combates amateur, neoprofesional e profesional, disputados por boxeadores/as que chegarán de todos os puntos de Galicia e do norte de Portugal. O porriñés Alex “Coraje” Castro, do clube CKM, con case 30 combates ás súas costas, intentará facerse coa victoria ante o púxil vigués Diego Castro, do clube La Vieja Escuela, no único combate neoprofesional da noite.
O boxeo feminino estará representado por Sara Vieitez, do clube CKM, e a púxil portuguesa Bruna Salgado, do Clube Victoria de Guimarães, que medirán as súas forzas no cuadrilátero porriñés. Vieitez é a actual campiona de España de artes marciais mixtas (MMA), ademais dunha loitadora multidisciplinar de boxeo e outras disciplinas de contacto.
A velada culminarase cun combate profesional de catro asaltos entre o boxeador Charly Spartan López, do clube Spartan Team de Tomiño, e con contrincante aínda por cerrar.
No torneo non faltarán boxeadores de renome en Galicia, como Luis Curras, Filipe Amoedo ou David López, entre outros.
Alerta