10 febrero, 2024
Milucho e Begoña están a punto de ser pais do seu primoxénito, que se chamará Jamili
Dámaso, veciño do barrio do Casal na parroquia mosense de Tameiga, é o propietario dunha parella de burros do máis peculiar e interesantes. Milucho e Begoña.
Milucho é un burro fariñeiro, especie en peligro de extinción, e dos poucos reproductores existentes, de 12 anos de idade e que foi elixido hai uns meses, o maio pasado, como o burro máis bonito de Galicia no concuso convocado polo programa Quen Anda Aí da Televisión de Galicia.
Begoña é a súa parella, unha burra vasca de 15 anos, embarazada desde hai 13 meses e que xa saíu de contas. O parto está previsto para os vindeiros días e o pequeno burriño chamarase Jamili, nome elixido polo fillo pequeno de Dámaso, Sergio; e que ademáis é un nome unisex, pois aínda non saben se o novo membro da familia será burra ou burro.
O orgulloso propietario asegura que os seus burros son moi coñecidos e queridos na parroquia, polo cariñosos, “trastes” e simpáticos. “Son moi sociables e a xente achégase ata a finca na que os teño para velos, visitalos e saudalos”, explica Dámaso.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira da parroquia de Tameiga, Feli Rodríguez; visitaron a Dámaso a á súa parella de burriños que se atopan en doce espera para coñecer e felicitar á afortunada parella antes de que sexan pais do que será o seu primoxénito dándolle continuidade ao título de beleza de Milucho, xa que, de seguro, será digno herdeiro da fermosura e simpatía do seu pai.
Alerta