3 enero, 2025
O CEIP Plurilingüe de Leirado en Salvaterra de Miño vén de ser galardoado no X
Concurso de Traballos por Proxectos que foi convocado pola Dirección Xeral de
Ordenación e Innovación Educativa no contexto do Plan LIA de Bibliotecas Escolares
da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
O proxecto premiado foi “Multicines Leirado: aprendizaxe, cámara, acción!”, na
modalidade de proxectos documentais integrados, coordinados dende a biblioteca
escolar. Entre os criterios tidos en conta para a valoración do proxecto figura a
participación de toda a comunidade educativa no seu desenvolvemento.
Este premio supón, unha vez máis, o recoñecemento de que o deseño deste proxecto e
os que se están a desenvolver no centro coloca ao seu alumnado no camiño axeitado
para acadar a mellor competencia lectora e para acadar competencias que son clave na
sociedade da información, nomeadamente a súa competencia para o uso e produción de
información.
Parabéns, polo tanto, para o equipo da biblioteca, equipo docente, persoal non docente,
alumnado, familias, ANPA e outras institucións que participaron no desenvolvemento
do proxecto no pasado curso escolar (CFR de Vigo, CAFI, Asesoría de Bibliotecas
Escolares de Galicia, Inspección Educativa, Concello de Salvaterra de Miño…). Dende o
centro esperamos contar coa colaboración novamente de toda a comunidade educativa
para o desenvolvemento de proxectos vindeiros.
Alerta