25 noviembre, 2021
103 das vítimas son españolas, (88% do total), fronte a 14 doutros países.
O perfil máis común das vítimas é o de muller de 25 a 54 anos e maioritariamente desempregada.
Vilagarcía de Arousa, 25 de novembro de 2021.- O Centro de Información á Muller do Concello de Vilagarcía, dependente da Área de Igualdade, leva atendidas por violencia de xénero no que vai de ano a 117 mulleres, unha cifra moi similar á do ano anterior, cando foron 115, e lixeiramente superior á de 2019, cando se computaron 107. Segundo as estatísticas feitas públicas hoxe, 25N, polo servizo coincidindo coa celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o 88% das vítimas son españolas, o 71% teñen idades comprendidas entre os 25 e os 54 anos e están maioritariamente desempregadas.
O número total de atencións realizadas no que vai de ano polo CIM ascende a 1.484, o que pon de manifesto a tendencia ao alza da utilización deste servizo que en 2020 realizou 1.394 atencións e 1.227 en 2019. As atencións do ano en curso foron realizadas por un total de 360 usuarias, entre as que se atopan as 117 vítimas de violencia antes mencionadas. O número de consultas realizada é superior ao de persoas atendidas porque o normal é que unha mesma usuaria precise de atencións en varios dos departamentos do CIM. Neste contexto, a temáticas das atencións divídense en 326 consultas de asesoramento xurídico, 461 de apoio psicolóxico e 697 de xestión de recursos. Neste último apartado, 112 consultas para xestión de recursos foron a vítimas de malos tratos.
Alerta