5 octubre, 2021
Servirá para crear un espazo de reflexión e de intercambio de ideas e comezará a funcionar o 7 de outubro, o primeiro e o terceiro xoves de cada mes de 18.00 a 20.00 horas.
Foi unha das medidas presentadas na Mesa de Traballo Contra a Violencia de Xénero, na que tamén se expuxeron algúns dos puntos que se queren incluir na declaración institucional que se realizará este 25N.
A Concelleira de Igualdade, Marián Sanmartín, presidiu este mediodía a reunión
da Mesa de Traballo Contra a Violencia de Xénero, na que participaron representantes do CIM de Marín, Servizos Sociais, a xefa da unidade de violencia de xénero da Subdelegación do Goberno, a policía Local e Nacional, a asistenta social do Centro de Saúde e a representante do Punto de Intercambio Familiar.
Aproveitouse para facer unha primeira aproximación aos puntos que se incluirán no contido da declaración que se lerá o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Segundo indicaron desde o CIM, nesta declaración procurarase lanzar a mensaxe da necesidade de traballar nunha sexualidade responsable entre a poboación máis nova, xa que se detecta un incremento dos casos de violencia sexual entre adolescentes.
Tamén quérese reforzar a idea da parentalidade positiva nas familias, traballando
sobre todo nos casos de divorcio, para que haxa unha corresponsabilidade real no
coidado dos fillos. Os casos que recentemente se deron de violencia vicaria
puxeron tamén sobre a mesa esta forma de instrumentalización das crianzas nas
parellas. Por iso, desde o CIM queren visibilizar neste 25N o recoñecemento legal
de vítima da violencia de xénero por violencia vicaria, e que se faga con carácter
retroactivo.
Por outra banda, tamén se visibilizará a violencia económica coma outro factor, centrada no impago de pensións de alimentos ou compensatorias, despois de que a Sala do Penal do Tribunal Supremo do 17 de marzo fallase unha novida sentencia en torno a esta cuestión.
Ademais, outra das cuestións que se quixo resaltar foi a necesidade de visibilizar ás mulleres maiores, moitas das cales levan anos en situacións vulnerables e teñen máis dificultades para acceder aos recursos ou para verbalizar a súa situación.
Grupo de Intervención Comunitaria
Por outro lado, a Mesa repasou as accións que se levaron a cabo nos últimos
meses pola Concellaría de Igualdade a través do CIM, algunhas das cales
activaranse a partir desta semana:
● A posta en marcha dun programa de acompañamento sociolaboral para
mulleres vítimas de violencia de xénero, un recurso de atención e orientación que serve para mellorar a situación persoal, social e laboral dasmulleres vítimas ou en situación de vulnerabilidade.
● Creación do módulo de sensibilización en Igualdade, unha plataforma online con catro temas distribuídos en 12 horas e que estará a disposiciónda cidadanía en www.cimdemarin.es
● Activación do grupo de intervención terapéutica para mulleres, que
comezará o 7 de outubro, o primeiro e o terceiro xoves de cada mes de 10 a 12.
● Tamén o 7 de outubro iniciarase un Grupo de Intervención Comunitaria aberto ao público, o primeiro e o terceiro xoves de cada mes de 18.00 a 20.00 horas, que será aberto ao público e que terá como obxectivo a creación dun espazo de expresión que permita a reflexión de ideas e pensamentos en común.
Alerta