Circo. Fonte: Concello
26 noviembre, 2021
A Compañía La Fiesta Escénica representará un ha única función o luns 27 de decembro, ás 18:00 horas no Auditorio.
As entradas xa se poden adquirir a través de ataquilla.com a 10 euros, (máis gastos de xestión).
A ampla oferta de actividades lúdicas e culturais coas que contará Vilagarcía durante as vindeiras semanas e parte de xaneiro súmase o Circo de Nadal que se poderá ver o luns 27 de decembro ás 18.00 horas no Auditorio Municipal. Trátase dun espectáculo de novo formato que actualiza o concepto do circo renovando números musicais, de maxia, acrobacias ou humor e introducindo animais animatrónicos.
O Circo de Nadal é un espectáculo de La Fiesta Escénica, unha compañía que ven avalada polos seus 25 anos de historia. O espectáculo que chega a Vilagarcía xa foi aplaudido por milleiros de persoas en teatros de Madrid, Roma, San Diego, México DF, Cancún, Berlín como noutras capitais de España e agora, xunto con Vilagarcía, pasará polas principais capitais galegas.
Trátase dun circo como nunca se viu no que se conta unha historia chea de tenrura, reencontros Ilusión e agarimo á familia. Aventuras da man de grandes acrobacias, coreografía, efectos especiais, animais animatrónicos e personaxes máxicos farán deste conto a historia visual mais bela deste Nadal.
A entrada para asistir ao espectáculo ten un prezo único de 10 euros. A venta anticipada xa está aberta a través de www.ataquilla.com (máis gastos de xestión). De non esgotarse antes, tamén se poderán adquirir o mesmo día da función na billeteira do Auditorio a partir das 16.00 horas e sen custes engadidos.
Alerta