16 noviembre, 2024
O Club Ourense Baloncesto recibirá mañá, ás 19:30 horas, no Pazo dos Deportes Paco Paz ao HLA Alicante, nun emocionante encontro correspondente á oitava xornada da Primeira FEB.
O equipo ourensán, que busca manterse nas posicións altas da clasificación antes do parón das fiestras FIBA, medirá forzas cun rival, que tras un mal comezo na competición, quere darlle volta á situación e obter a primeira da tempada.
O COB chega a esta xornada tras un partido en Castelló no que as cousas non foron ben pero, tras unha boa semana de adestramentos na que se analizaron os erros para corrixilos, o equipo busca unha nova vitoria ante a súa afección que será clave no desenvolvemento do encontro.
Pola súa parte, o conxunto alacantino, que non comezou a tempada como esperaba e non foi quen de gañar ningún partido ainda, ven coa necesidade de empezar a puntuar para que os obxectivos marcados non se sigan alonxando cada vez máis.
A cita promete ser un duelo disputado e emocionante, no que o Pazo dos Deportes Paco Paz xogará un papel determinante grazas ao apoio incondicional dos seareiros.
Alerta