17 noviembre, 2024
O Club Ourense Baloncesto vence a HLA Alicante por 85-81 no partido disputado no Paco Paz correspondente á xornada 8 da Primeira FEB
O encontro comezou cun COB enérxico e dominante. No primeiro cuarto, os de Ourense lograron impor o seu xogo grazas a unha defensa férrea e un ataque fluído. Os ourensáns levaron o cuarto cunha vantaxe sólida grazas ao xogo en equipo. 24-17 nos primeiros dez minutos e boa sensacións.
Pero no segundo cuarto, a historia comezou a torcerse. O HLA Alicante foi entrando cada vez máis no partido e ao COB custaballe anotar, con ataques máis precipitados. O equipo visitante aproveitou os erros do COB e comezaron a reducir a distancia. Mais unhas boas accións ao borde do descanso permitiron que os locais seguiran por diante no marcador por 36-31.
A segunda metade foi unha verdadeira batalla. O COB loitaba por manterse no partido, pero o HLA Alicante seguía dominando. Os de Moncho López non acababan de atoparse cómodos na cancha e os visitantes aproveitaban para irse cada vez máis no marcador ata por unha distancia de +11 con tan só 3 minutos por xogarse e os afeccionados locais temían pola derrota.
Moncho daba entrada a Javi López para tentar a épica e o base canario revolucionaba o encontro. Con dúas triplas case consecutivas puña a un Pazo en pé que cría que a remontada era posible. E non quedou aí, senón que a falta de 5 segundos, penetraba a zona rival e conseguía anotar unha bandexa e sacaba falta persoal. Javi iba á liña de tiros libres con tan só 2 segundos por xogarse. Tirou a errar e Romaro palmeaba o rebote que tocaba un xogador alicantino polo que o balón era para o COB. A grada vivía unha festa xa que parecía que estaba todo o peixe vendido e a vitoria ía quedar na casa. Pero tras unha pequena tangana os árbitros pitan unha técnica a Javi López que ninguén entendeu e HLA Alicante é quen de empatar o encontro a 73 e mandalo á prórroga.
No tempo extra, O Club Ourense Baloncesto, cun Pazo volcado, saíu mellor plantado á cancha e dominou os minutos finais. Conseguíu unha vantaxe de catro puntos xa nos primeiros minutos que foi administrando para que a sexta da tempada quedase na casa por 85-81.
Unha noite máxica en Ourense que demostra que, no deporte, nada está decidido ata o bocinazo final.
Alerta