O Clube de fútbol Cañiza conmemora os seus 50 anos de historia

Compartir

O Alcalde Luis Piña asistiu o pasado sábado á celebración do acto conmemorativo dos 50 anos de historia do Clube.

Un acto no que estiveron presentes todas as persoas que formaron parte deste gran Equipo durante este medio século. Socios e socias, xogadores e xogadoras, equipos directivos, presidentes, entrenadores, veciñas e veciños achegados ao clube, colaboradores que axudan ao fútbol na Cañiza….. sen esquencer a Mónica Almuiña Paz, Presidenta do Club Futbol Cañiza -novo equipo- e Carlos Mera Rodríguez, Presidente de Honra do novo equipo fusionado. O acto contou tamén coa presenza do Vicepresidente da Real Federación de Galega de Fútbol, Fernando Iglesias, do Xefe  de servizo de Deporte en Pontevedra, Daniel Benavides e do deputado do goberno da Deputación Carlos Font.

Na súa intervención o Alcalde Luis Piña deu os seus parabéns máis sinceiros a este clube que xa é unha institución na Cañiza e destacou á súa longa traxectoria, o bo facer dos seus xogadores e das diferentes directivas e colaboradores que con moito entusiasmo, ilusión e traballo en conxunto conseguiron que o Clube cumpla este ano as Vodas de Ouro.

En palabras do Alcalde “O fútbol é mais que competición, é unha maneira de aprender, de educar, de relacionarse. Hoxe segue sendo así, pero aínda era mais importante alá polo 1971. Hai cincuenta anos non era fácil practicar un deporte, non era fácil pertencer a un equipo”. “O fútbol nos ensina moitas cousas, nos da felicidade, nos fai mellores” . “Poucas cousas coma o fútbol unen á xente, aos veciños, aos pobo”s. “O fútbol nos ensina o valor do equipo, da solidariedade, tanto dentro coma fora do campo”. “Ao igual que o éxito nunha competición depende da unión do equipo, no fútbol modesto a unión de toda a xente que traballa desinteresadamente nos clubs fan posible que semana tras semana o fútbol funcione”. “O fútbol é vida. A través do fútbol aprendemos a comportarnos na vida”.

Para Luis Piña “O C.F. Cañiza forma parte da educación de xa tres xeracións de veciños. Forma parte do compromiso polo traballo e do espírito de sacrificio”. “Non é fácil ir todas as semanas a entrenar, as tardes de choiva, de frío. Non é fácil deixar a un lado preocupacións, problemas e unirse ao grupo”. “Síntome moi identificado con esta idea. Con ese momento no que decides ir a entrenar, a traballar, para facelo aínda que sexa un pouquiño mellor que a semana pasada”. “Sentirte orgulloso por tí, polos teus compañeiros e pola xente que te apoia e que quere o mellor para o equipo, para o clube!”.

O Alcalde destacou que dende o concello se están apoiando todas as iniciativas para axudar ao deporte e neste caso ao Clube de Futbol Cañiza. Antes da fusión do CF Cañiza  coa  Asociación Deportiva ADECA CF, cada entidade recibía do Concello 2.500 e 2.000€. Este ano por Resolución de Alcaldía subvencionouse con 5.000€.  Ademáis o Concello presta a súa colaboración na exposición do Clube inaugurada o sábado 14, deixando a casa consistorial e o seu Salón de Plenos para que esta mostra sobre os primeiros cincuenta anos do equipo poida ser vista por todos.

Tamén se continuará poñendo as instalacións deportivas do concello a disposición do clube, de xeito totalmente gratuíto.  Agora mesmo, xa están adxudicadas e a punto de arrancar, as obras do cambio da cuberta dos vestiarios do campo do Vieiro.

Por outra banda, o Alcalde anunciou a concesión da Medalla de Prata á A.C. Cañiza, polos seus 25 anos de existencia e a Medalla de Ouro ao C.F. Cañiza rendendo unha merecida homenaxe aos dous clubs históricos da Cañiza. Iniciativa que ten a súa competencia na Corporación Municipal e que espera que sexa aprobada por unanimidade de todos os Concelleiros.

Para rematar o Alcalde comprometeuse a continuar na liña de colaboración e axuda ao deporte, en todo o posible e animou a seguir traballando a toda a familia do fútbol da Cañiza.