O Concello adica 2,5 millóns á renovación de luminarias LED en toda a cidade

Compartir
Alcalde. Fonte: Concello
Alcalde. Fonte: Concello

O goberno local renovará grande parte das luminarias da cidade por luces LED logo de adxudicar un contrato de 2,5 millóns de euros. O Concello segue así na senda de avanzar na eficiencia enerxética

 

A Xunta de Goberno local deu luz verde á adxudicación do subministro para a instalación de luminarias LED e outros elementos da rede de alumeado viario. Cun importe de 2,5 millóns, o Concello renovará a iluminación da cidade co obxectivo de avanzar na mellora do servizo conseguindo máis luz con moito menos custo.

O Goberno local validou, así mesmo, a contratación das obras de humanización do Camiño Laranxo, en Teis. O proxecto, de 105.886 euros, prevé a construción dunha beirarrúa de 1,50 m de ancho e 300 de lonxitude, así como a renovación de canalizacións, sumidoiros, pozos de rexistro e alumeado.