26 octubre, 2021
Habilitaranse lomos na Rúa do Canto, no Camiño de Renza e na Rúa Faxilde.
A actuación proposta polo concelleiro de seguridade viaria responde a unha petición realizada polos veciños da zona.
O exceso de velocidade ao que circulan moitos vehículos polos estreitos camiños do rueiro de Sobrán, é un dos motivos de preocupación que os veciños do lugar transmitiron hai pouco ao goberno local. Co obxectivo de atender esta petición e mellorar a seguridade viaria da zona, a Xunta de Goberno Local vén de aprobar a proposta do concelleiro de Seguridade Viaria, José María González, para instalar medidas de redución de velocidade nas rúas nas que se rexistra esta problemática.
Segundo a memoria redactada polo enxeñeiro municipal, os traballos a realizar consistirán na colocación de lombos no camiño de Renza, na Rúa do Canto e na Rúa Faxilde. En total, construiranse catro lombos, medida que conleva a correspondente sinalización horizontal pintada advertindo da elevación e tamén as sinales verticais de límite de velocidade.
Os traballos xa foron adxudicados a Covsa por importe de 9.135 euros, e un prazo de execución de unha semana.
Alerta