18 octubre, 2021
O alcalde reclamou esta mañá celeridade nas obras do carril bici que está a acometer a Autoridade Portuaria en Beiramar, e que obrigan a cortar unha vía de acceso á zona durante dez días. O Concello colabora coa organización do tráfico nesta zona de competencia portuaria.
Desde hoxe ata o 1 de novembro permanecerá cortada a vía de acceso a Beiramar desde a glorieta do Porto Pesqueiro, para facilitar a construción do carril bici que está a executar a Autoridade Portuaria, unha restrición “que vai producir moi serias dificultades de tráfico”.
Durante os próximos dez días, os turismos e as motos que saian do porto pesqueiro no poderán ir dirección Bouzas e terán que desviarse por Gaiteiro Portela, Marqués de Valterra e Instituto Oceanográfico.
No caso dos camións, deberán saír cara ao centro e dar a volta en A Laxe para retomar dirección Bouzas por debaixo do túnel baixo a rotonda do porto pesqueiro.
Caballero reclamou celeridade na obras porque “están sendo executadas cunha lentitude inadmisible”, xerando grandes prexuízos na circulación.
Alerta