25 agosto, 2021
Rematada a reforma do alumeado en Valeixe, o Concello adxudicou o pasado 22 de agosto a contratación da obra do alumeado de Achas, que tamén sustituirá o 100% do alumeado público actual por unha moderna instalación eléctrica
Cunha inversión de 277.845,05€, a obra está financiada ao 100% por fondos europeos, a través do ministerio de transición ecolóxica, e polo plan concellos 2020 da Deputación de Pontevedra
Esta obra está basada nun estudo eléctrico encargado polo Alcalde Luis Piña, para coñecer de primeira man o estado das instalacións eléctricas en Achas, constatándose o desfase e deterioro de case todo o alumeado público. Unha vez conseguida o 100% da financiación, e tras contar con todas as autorizacións sectoriais, e ter tramitado todo o expediente de contratación, este 22 de agosto o Alcalde asinou a Resolución de adxudicación.
A obra contempla a sustitución de 516 luminarias, o tendido de 7,780 km de cable novo, a sustitución de máis de 16 postes de formigón; ademáis de 2 columnas de bronce diante da Igrexa de Achas; e tamén a instalación de 17 novos cadros de contadores eléctricos de última xeneración, un deles trifásico.
Rematada esta renovación integral sen precedentes, Achas quedará iluminada cunha moderna instalación eléctrica, co cambio de todas as luminarias a LED de última xeración, aportando aos barrios máis luminosidade con luz branca. Ademáis suporá a reducción da emisión de contaminación lumínica e un importantísimo aforro nos consumos enerxéticos, cumplindo así cos obxectivos do Pacto Verde da Unión Europea de reducir a contaminación.
O proxecto tamén contempla o cambio do tipo de facturación, xa que se eliminarán todos os puntos que ata agora se facturaban en alzado. Actualmente solo existen 2 contadores de luz, un no Freixo e outro en Randufe. Esto significa que todo o alumeado da parroquia factúrase en tipo Alzado, que se traduce nun maior coste do consumo enerxético e penalizacións nas facturas. A colocación dos novos contadores permitirá acadar un importantísimo aforro, conseguindo reducir a factura mensual en máis do 50%.
Esta obra cunha inversión de 277.845,05€ está financiada ao 100% entre o Ministerio de Transición Ecolóxica, cunha aportación do 80% do total e a Deputación de Pontevedra, que a través do Plan Concellos 2020 aporta o 20% restante. Polo tanto cúmprese coa filosofía de axuste contable do Alcalde Luis Piña, de non utilizar os recursos propios debido á actual situación económica que sufre o Concello.
Alerta